En este Apartado podrá reproducir los reportajes que se han emitido en Televisión

5981

Reportaje TVG 2012

Reportaje 

Tratamentos no balneario de Caldelas de Tui para nenos con patoloxías respiratorias Publicado o 21/03/2017 13:00 A balneoterapia trata afeccións respiratorias como a rinite alérxica, a asma infantil e a bronquiolite Os tratamentos termais melloran a saúde das persoas con patoloxías respiratorias, sen importar a idade. Os expertos aseguran que a balneoterapia reduce a asistencia aos servizos de urxencias. No balneario de Caldelas de Tui levan anos ofrecendo estes tratamentos a cativos con asma, bronquiolite e alerxias. Os pais de Lucía e de Alba acoden ao balneario de Caldelas de Tui para que as súas fillas reciban un tratamento termal dirixido a mellorar patoloxías respiratorias. O tipo de augas que se empregan son as sulfuradas e as ricas en cloruro que se aplican a través dunha serie de técnicas como duchas nasais e inhalacións. No balneario de Caldelas de Tui levan trinta anos tratando este tipo de afeccións en rapaces ata os catorce anos. Con esta técnica melloran de xeito importante a súa calidade de vida e reducen a inxestión de fármacos. A balneoterapia trata afeccións respiratorias como a rinite alérxica, a asma infantil e a bronquiolite. Para que estes tratamentos sexan eficaces cómpre unha sesión diaria durante nove días.http://www.crtvg.es/informativos/tratamentos-no-balneario-de-caldelas-de-tui-para-nenos-con-patoloxias-respiratorios

Contacto

Balneario de Caldelas

Baños 65
36721 Caldelas de tui

 

Puede contactarnos llamando al telefóno

 

986 62 90 05

 

o bien puede utilizar nuestro formulario.

Consulte nuestro catálogo de servicios

Balneario de Caldelas en redes sociales

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© balneariode caldelas Desarrolllo y diseño por Upitui